domingo, 30 de marzo de 2014

CONCURSO NO DÍA MUNDIAL DA POESÍA

O Equipo de Biblioteca, despois de valorar a participación do alumnado que se presentou a este concurso, decidiu dar por deserta a resolución  do mesmo debido á pouca puntualización na concrección das respostas.


MOITAS GRAZAS A@S PARTICIPANTES!!



sábado, 29 de marzo de 2014

LOTES DE LIBROS PARA PRÉSTAMO

Amosámovos a continuación o fondo de lotes de
 libros do que dispón  a Biblioteca do IES Enrique Muruais para facer un préstamo a outros centros que necesiten unha certa cantidade de volumes.


COUSAS DE HOSPITAL POR ALUMNADO DE 2º ESO


Hoxe no recreo o alumnado de 2º da ESO, para celebrar o Día Mundial do Teatro agasallounos con esta obriña que leva por título "Cousas de hospital".

O resultado poñémolo en dous vídeos e non pola duración da obra en si, senón porque tivemos algún problemiña "loxístico".



Xa de paso, queremos agradecer a estes rapaces e rapazas de 2º ESO a súa  boa disposición e colaboración neste evento, porque sabemos que estamos en plena avaliación e preparar unha representación teatral, por curta que sexa, resta tempo ao demais.
GRAZAS, tamén, como non aos demais cursos da ESO que participaron no recital do Día da poesía porque sen a vosa participación, nada é posíbel... asi que a todo o alumnado participante MIL GRAZAS!!!







xoves, 27 de marzo de 2014

27 DE MARZO DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Hoxe celébrase o Día Mundial do Teatro e a Biblioteca do IES Enrique Muruais súmase a esa homenaxe ao mundo da representeación escénica. No noso centro, mañá venres teremos no tempo do recreo a representación dunha pequena obriña que o alumnado de 2º da ESO adaptou para conmemorar este día.
Agardando ese momento de mañá, deixamos no blog unha cita do dramaturgo sudafricano Brett Bailey autor do  Manifesto deste ano:




"Donde exista la sociedad humana, el irreprensible Espíritu de la Representación se manifiesta".

Imaxe da árbore na entrada do instituto

FOTOS DÍA DA POESÍA 2ª PARTE

                                                    Patricia e Jéssica de 4º ESO

Alumnado de 4º ESO e 2º BACH coa profe de Galego Cristina

                                                     Borja de 4º PDC cun rap

                                           As presentadoras, Bonia e Irene

FOTOS DO RECITAL DO DÍA DA POESÍA 1ª PARTE

Tania e Jesús de 3º ESO
María e Elena recitando a  poesía creada por elas con fondo musical



Alumnado de 3º PDC cun rap
Alumnado de 1º e 2º ESO

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

O día 21 de marzo celebrábase o Día Mundial da Poesía. Desde a Biblioteca Escolar do noso instituto, tamén quixemos unirnos a esa celebración e co alumnado de distintos cursos e dúas profesoras (María e Elena) do grupo de Biblioteca, fixemos un recital de poesía. Houbo poesía en castelán, francés e galego e ata Borja de 4º PDC, tamén se animou a rapear un poema de Celso Emilio. As actuacións desenvolvéronse durante os recreos do luns 24 e mércores 26 e foron as seguintes:


   ACTUACIÓNS DÍA DA POESÍA

24-26 de marzo de 2014

CURSOS
POESÍA
MÚSICA
Elena e María.




Escrita por elas.
Ánima (arpa).
1º e 2º ESO
Alumnado destes dous grupos.


Sound Play Session
Do Poemario Makinaria
de Carlos Negro.
Animals de Martin Códax.

3º ESO
Jesús
Tania
Raquel

“Bando” de Manuel María.
Penélope de Xoana Torres.
Poesía de Rosalía.
Sen música.
3º PDC
Todo o grupo.




Rap “Da igual”.

Rap “Te amo”.
4º ESO
Jessica, Patricia, Uxía, Iuliana.


En francés

4º PDC
Borja rapea e o resto dos alumnos acompañan.


Deitado fronte ao mar de Celso Emilio Ferreiro

4º ESO e 2º BAC
Grupo de alumnos e alumnas destes dous cursos.



Letanía de Galicia de Uxío Novoneyra


CONCURSO CELEBRACIÓN DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Para celebrar o Día Mundial da Poesía, a Biblioteca do centro convocou un concurso no que pode participar todo o alumnado que así o desexe. Esta é a convocatoria:


CONCURSO DÍA DA POESÍA
21 DE MARZO DE 2014


Propoñémosvos a participación no seguinte concurso:
-   Lede as poesías que están colocadas no vestíbulo do instituto.
-   Buscade a temática de cada unha delas.
-   Cubride a ficha que está colocada enriba da mesa.
-   Entregádea cuberta na biblioteca en calquera recreo da semana próxima (do 24 ao 28 de marzo).

A persoa que sexa capaz de atopar a temática de cada poema e que o faga da forma máis exacta posible, recibirá un agasallo consistente nun pen-drive.

Imaxe dos poemas no vestíbulo do IES (Concurso de poesía)




martes, 25 de marzo de 2014

VIDEOPOEMA POR ELENA E MARÍA



Este é o poema que as compañeiras Elena (Música) e María (Orientación) idearon e compuxeron con imaxes e fondo musical para celebrar no instituto o Día Mundial da Poesía. Lerano tamén canda as rapazas e rapaces o día do recital. Moi bonito lles quedou!!

xoves, 20 de marzo de 2014

DÍA DA MULLER TRABALLADORA



Despois dunha primeira propósta fallida para a conmemoración da “muller Traballadora” o equipo de Biblioteca conseguiu dar a volta a dita proposta e así, logrouse ter unha mínima participación cóa que pudimos facer fotos e vídeos.










Moitas grazas de todo o Equipo para os alumnos/as e as súas famílias participantes.