xoves, 27 de marzo de 2014

CONCURSO CELEBRACIÓN DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Para celebrar o Día Mundial da Poesía, a Biblioteca do centro convocou un concurso no que pode participar todo o alumnado que así o desexe. Esta é a convocatoria:


CONCURSO DÍA DA POESÍA
21 DE MARZO DE 2014


Propoñémosvos a participación no seguinte concurso:
-   Lede as poesías que están colocadas no vestíbulo do instituto.
-   Buscade a temática de cada unha delas.
-   Cubride a ficha que está colocada enriba da mesa.
-   Entregádea cuberta na biblioteca en calquera recreo da semana próxima (do 24 ao 28 de marzo).

A persoa que sexa capaz de atopar a temática de cada poema e que o faga da forma máis exacta posible, recibirá un agasallo consistente nun pen-drive.

Imaxe dos poemas no vestíbulo do IES (Concurso de poesía)




Ningún comentario:

Publicar un comentario