sábado, 29 de marzo de 2014

COUSAS DE HOSPITAL POR ALUMNADO DE 2º ESO


Hoxe no recreo o alumnado de 2º da ESO, para celebrar o Día Mundial do Teatro agasallounos con esta obriña que leva por título "Cousas de hospital".

O resultado poñémolo en dous vídeos e non pola duración da obra en si, senón porque tivemos algún problemiña "loxístico".



Xa de paso, queremos agradecer a estes rapaces e rapazas de 2º ESO a súa  boa disposición e colaboración neste evento, porque sabemos que estamos en plena avaliación e preparar unha representación teatral, por curta que sexa, resta tempo ao demais.
GRAZAS, tamén, como non aos demais cursos da ESO que participaron no recital do Día da poesía porque sen a vosa participación, nada é posíbel... asi que a todo o alumnado participante MIL GRAZAS!!!







Ningún comentario:

Publicar un comentario