venres, 25 de abril de 2014

INTERCAMBIO DOS CLUBS DE LECTURA IES ENRIQUE MURUAIS - IES DE SARÓN DE XOVE

Unha das actividades que a Biblioteca escolar programou xunto do EDL e o Departamento de Orientación neste curso para os clubs de lectura, foi a dun intercambio co IES Illa de Sarón de Xove. O alumnado da ESO e de 1º de BACH pertencente a estes clubs, mantiveron correspondencia por medio de emails, whatssap e redes sociais co alumnado de Xove para coñecerse.O día 6 de maio poderán coñecerse in situ porque o IES de Xove visita o noso centro e máis tarde, o día 20 de maio será o noso centro o que lle devolva a visita ao IES Illa de Sarón.As profesoras que formamos parte do grupo de Biblioteca e dos clubs de lectura, estamos seguras de que esta, vai ser unha experiencia, ademais de enriquecedora, moi desexada por parte do alumnado ao teren a posibilidade de coñecer nenas e neos das súas idades e poder iniciar unha amizade que desexamos sexa duradeira. Dentro duns días, poñeremos aquí o programa que imos levar a cabo para ese primeiro día de reencontro.

xoves, 24 de abril de 2014

EXPOSICIÓN DE ILUSTRACIÓNS POLO DÍA MUNDIAL DO LIBRO

E aquí tedes unha mostra das ilustracións que estes días está exposta na entrada do centro, na arboriña que este ano a biblioteca ten para colgar os traballos das actividades que se fan durante este curso 2013-2014. Non son as únicas...haberá máis que cada día iremos engadindo ás que xa hai.Son ilustracións de profesionais moi recoñecidos coma David Vela, Xosé Tomás,Jacobo Muñiz, María Simavilla e outr@s. Agardamos que vos gusten.

mércores, 23 de abril de 2014

DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR

O 23 de abril é o Día do Libro e dos Dereitos de Autor xa que esta data coincide coa data da morte de Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega (1616). A Conferencia Xeral da UNESCO en 1995, decidiu rendir unha homenaxe universal aos libros e autores nesta data animando a todos, e en especil aos máis novos a descubrir o pracer pola lectura. Dende a Biblioteca do noso IES queremos celebralo facendo unha exposición de ilustracións de moi diversos libros e que ides atopala na árbore que está na entrada do centro.Entre todas esas ilustracións atópase unha moi especial para nós, realizada por José Tomás para o libro de Sabela "O agasallo de Anya". Agardamos que vos guste. Aquí vos deixamos tamén as imaxes do marcapáxinas co que a Consellaría de Educación agasalla este ano ás Bibliotecas escolares de Galicia e que leva incluído un texto de Paco Martín.
O código secreto que permite o acceso á sala de mandos da nave espacial exploradora de futuros itinerarios siderais. A bambeante escada de corda e táboas coa que abordar o áxil bergantín no que sucar mares ignotos na procura do eterno tesouro da ilusión. A estribeira na que pousar o pé para cabalgar o airoso alazán de galope tendido cara ao horizonte promisorio. A fiestra aberta ao ar vivificador, franca aos saberes, ao pensamento diverso, ao voo da imaxinación, á descuberta venturosa de novos mundos, ao espello substancial do propio ser.... O libro!

venres, 18 de abril de 2014

SOBRE GARCÍA MÁRQUEZ

“ Y Macondo llora la muerte de su fundador, el río grande de la Magdalena no tiene quien lo visite y el coronel se ha quedado sin quien le escriba... ahora todo esto nos prepara para cien años de soledad y en su tumba solo quedarán las memorias de unas putas tristes.” (Comentario recollido da rede)

OBRAS DE GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ

COINCIDENCIAS E CASUALIDADES

«Amaneció muerta el jueves santo. La última vez que la habían ayudado a sacar la cuenta de su edad, por los tiempos de la compañía bananera, la había calculado entre los ciento quince y los ciento veintidós años».(Cien años de soledad) (

FALECE GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ

O escritor colombiano Gabriel García Márquez, máximo exponente da Literatura latinoamericana, faleceu hoxe aos 87 anos vítima dunha grave enfermidade . Considerado o escritor máis popular desde Miguel de Cervantes do século XVII, acadou a celebridade literaria comparable a MarK Twain ou Charles Dickens. Gañador do Nobel de Literatura no ano 1982, foi o pai do Realismo Máxico. Entre as súas obras destacan: Cien años de soledad, El amor en los tiempos del cólera, El otoño del patriarca ou El coronel no tiene quien le escriba, entre outras.