sábado, 25 de outubro de 2014

O LIBRO MÁIS GRANDE DO IES

Como xa vos contabamos noutra entrada, temos exposto no andar de entrada ao centro, un Libro grande de madeira que o equipo da biblioteca preparou para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares. Na súa preparación, tamén participou  Loli a profesora de Tecnoloxía co alumnado de 4º ESO. O Departamento de Tecnoloxía, xunto cos rapaces e rapazas dese curso foron quen elaboraron esas formas xeométricas que se inclúen nunha das caras interiores do libro e que están directamente relacionadas co lema deste ano das bibliotecas escolares. Pero é que este libro vainos servir de mostra para todas aquelas actividades que ao longo deste curso xiren ao redor da biblioteca.
Desde este recuncho, queremos agradecer esa valiosa axuda ao alumnado e a Loli que foi quen dirixiu ese labor....moitas grazas!!!

O día das Bibliotecas Escolares tamén sacacamos ao exterior   o libro do ano anterior de citas alusivas a dita conmemoración, para que quen quixese puidera deixar por escrito a súa reflexión.



24 de outubro, Día das Bibliotecas 

Ningún comentario:

Publicar un comentario