xoves, 18 de decembro de 2014

LECTURAS PARA O NADAL

Aquí vos deixamos as nosas recomendacións de lectura para o alumnado do centro. Se vos animades, podedes incluílas como  as vosas peticións para o Nadal... en todo caso, desfrutade delas.




..





                      BO NADAL E FELICES LECTURAS!!!





A TENDA

Onte, o Departamento de Matemáticas puxo mans á obra á  actividade A TENDA.
  Consistiu en crear unha tenda para que o alumnado manexara as fraccións e involucralos na creación dun negocio.
Eles tiñan que traer os produtos que se venderon,( algún deses, feito na clase, como o caleidoscopio de papel) . Houbo que traballar con cifras decimais.
Tiñan que encargarse de vender os produtos (había un dependente e un caixeiro). Elaboráronse as etiquetas para cada produto e axudaron a poner a tenda bonita (decoración dun mostrador). Tamén se elaborou diñeiro ficticio.
O día da actividade, deuselle a cada alumn@ 5 € para gastar na tenda; se o remataban e querían mercar máis, podían pedir 5€ máis como máximo.
Cada alumn@ tiña que escribir nunha nota o que gastou e o diñeiro que lle quedou de forma decimal e en fracción.
Como se partiu dun capital inicial de 345€ e dado que todos os produtos que se venderon, aportáronos eles, non se gastou diñeiro na mercancía. Ao remate, tamén tiveron que reflectir o capital final da tenda.


Resultou todo un éxito que no futuro se agrada que se repita. Houbo moit@s compradores e o alumnado quedou moi satisfeito cos resultados... @s profes tamén!!





domingo, 14 de decembro de 2014

A TENDA DAS CONTAS

O departamento de Matemáticas, en colaboración coa biblioteca do centro, vai poñer a andar a TENDA DAS CONTAS.
Esta actividade está pensada para o alumnado de 1º e 2º da ESO. Consiste en crear unha tenda para vender obxectos que traian das súas casas (fundamentalmente agasallos).
O obxectivo que  se procura con  esta actividade é que as alumnas e alumnos manexen o diñeiro para traballar as fraccións e implicalos no traballo que conleva crear un negocio.

Será para o día 17 de decembro no tempo do recreo e no andar da entrada ao instituto.


"Un hombre es como una fracción cuyo numerador corresponde a lo que él es, en tanto que el denominador es lo que cree ser. Cuanto más grande es el denominador, más pequeña es la fracción."  (Tolstoi)




















mércores, 10 de decembro de 2014

AGASALLOS

O Departamento de Bioloxía e Ciencias Naturais quixo agasallar ao alumnado máis cativo pola súa participación e os seus traballos no mes da Ciencia, obsequiándoo cuns marcapáxinas. Mirade que chulos son...






martes, 2 de decembro de 2014

ACELERACIÓN E CONSTANTE ELÁSTICA 4º ESO

O cálculo da aceleración dun obxecto que descende por un plano inclinado e a determinación da constante elástica dun resorte, foron obxecto dunha práctica coas alumnas e alumnos de 4º da ESO. No laboratorio de Física, aportaron o seu gran de area para a celebración do mes das Ciencias nas bibliotecas escolares.

A MAMBA NEGRA

Práctica feita polo alumnado de 3º da ESO e dirixida polo profesor do Departamento de Física e Química: Determinación de densidades de distintos corpos... que ben o pasaron!!!


Práctica de 3º ESO

EXTRACCIÓN DE ADN

O Departamento de Bioloxía e Ciencias Naturais, no  mes de novembro, o mes  da Ciencia nas bibliotecas escolares, levou a cabo unha práctica cos rapaces e rapazas de 4º da ESO. Aquí vos deixamos o documento onde podedes ver ao alumnado experimentando no laboratorio.



Experimento de 4º ESO