xoves, 18 de decembro de 2014

A TENDA

Onte, o Departamento de Matemáticas puxo mans á obra á  actividade A TENDA.
  Consistiu en crear unha tenda para que o alumnado manexara as fraccións e involucralos na creación dun negocio.
Eles tiñan que traer os produtos que se venderon,( algún deses, feito na clase, como o caleidoscopio de papel) . Houbo que traballar con cifras decimais.
Tiñan que encargarse de vender os produtos (había un dependente e un caixeiro). Elaboráronse as etiquetas para cada produto e axudaron a poner a tenda bonita (decoración dun mostrador). Tamén se elaborou diñeiro ficticio.
O día da actividade, deuselle a cada alumn@ 5 € para gastar na tenda; se o remataban e querían mercar máis, podían pedir 5€ máis como máximo.
Cada alumn@ tiña que escribir nunha nota o que gastou e o diñeiro que lle quedou de forma decimal e en fracción.
Como se partiu dun capital inicial de 345€ e dado que todos os produtos que se venderon, aportáronos eles, non se gastou diñeiro na mercancía. Ao remate, tamén tiveron que reflectir o capital final da tenda.


Resultou todo un éxito que no futuro se agrada que se repita. Houbo moit@s compradores e o alumnado quedou moi satisfeito cos resultados... @s profes tamén!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario