martes, 27 de xaneiro de 2015

COMEZA O PROXECTO MATEMÁTICO

Ola a todo o alumnado!!! Hoxe día 28 comezamos a subir a este blog as actividades do PROXECTO MATEMÁTICO que a biblioteca do centro propón e dirixe en colaboración cos departamentos didácticos que voluntariamente quixeron participar.  Imos darvos unha serie de pautas para que quede ben clariño como se vai ir facendo isto e de que maneira bota a andar. Estas pautas son sempre iguais para TODAS as actividades que  se van propoñer.




REGRAS DE PARTICIPACIÓN

1. Cunha semana de antelación á data da realización da actividade, subirase aquí no blog para que poidades visualizala e mesmo preparala se o vedes conveniente.
2. As actividades vanse realizar na biblioteca, agás cando se necesiten ordenadores que entón sería necesario facelas na aula de informática.
3. Sempre que se suba ao blog a actividade, vaise informar da data para a súa realización e do departamento que a deseñou.
4. O tempo de realización de cada actividade será dun recreo.
5. Cada actividade poderá resolverse unicamente de xeito individual.
6. Cada un dos departamentos participantes presenta como máximo tres actividades.
7. Cada día (recreo), só se poderá resolver unha actividade.
8. O máximo de participantes para cada día será de 20 alumn@s.
9. Cada alumno/a participante recibirá un carné onde vai ir acumulando puntos sempre que resolva axeitadamente a actividade.
10. Ao remate de todas as actividades, o alumnado gañador recibirá un premio.
11. As actividades comezan o 4 de febreiro e rematan o 28 de maio.




        AGARDAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN E QUE O PASEDES MOI BEN!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario