venres, 23 de xaneiro de 2015

PROXECTO MATEMÁTICO

Baseándonos no proxecto da nosa biblioteca aprobado xa o curso pasado e que se presentou para participar no Plan de Mellora   Os libros, esas formas xeométricas cheas de sabedoría e aventura, querémosvos presentar unha actividade multidisciplinar, de xeito que a biblioteca traballe coordinadamente con todos os departamentos. Este ano o lema das bibliotecas escolares é Biblioteca escolar…matemático!!!  , polo que, cremos que este é un bo  xeito de relacionar o noso proxecto  do ano pasado co lema deste ano .
Desta maneira, a biblioteca pediu a colaboración dos departamentos para traballar conxuntamente  e tentar facer unhas actividades ao redor do número.

As actividades que se van propone van dirixidas a todo o alumnado da ESO e BACHARELATO e  terán unha temporalización que vai dende o  4 de febreiro até o 27 de maio, sendo  os mércores no tempo do recreo cando @s alumn@s poidan resolvelas. Por adiantado e cunha semana de antelación, a actividade que se vai propoñer, estará subida aquí no blog para que o alumnado interesado poida visualizala e, se o desexa, ir preparándoa.



Ningún comentario:

Publicar un comentario