xoves, 26 de febreiro de 2015

ALFREDO GÓMEZ CERDÁ NA BIBLIOTECA

Onte a biblioteca do centro recibiu a visita do escritor Alfredo Gómez Cerdá. Reuniuse co alumnado que estivo lendo as súas obras, alumn@s dos clubs de lectura e de 3º ESO así coma co profesorado que dirixiu estas lecturas. Moi interesante charla a deste escritor ao que dende a biblioteca do centro damos as grazas por facernos pasar unha parte da tarde moi agradable e intensa.

FOTOS

mércores, 25 de febreiro de 2015

SUDOKU MUSICAL

Toca a quenda do departamento de Música que nos trae como a súa primeira actividade para o Proxecto matemático un SUDOKU MUSICAL. Sabemos que este tipo de xogos vos gustan, asi que xa volo presentamos no blog para que poidades ir facendo as vosas contas.
Vémonos o vindeiro mércores día 4 de marzo na biblioteca como é  costume para que deades coa solución.
Vede aquí :

SUDOKU MUSICAL

GAÑADORES DA ACTIVIDADE DE GALEGO DO PROXECTO MATEMÁTICO

A actividade que plantexou o departamento de Lingua Galega e Literatura, ROSALÍA DE CASTRO, resolveuse durante o recreo de onte e o alumnado deu coas solucións. Os nomes dos gañadores son os que ides ver deseguido.
Parabéns!!! seguimos contando convosco.... ÁNIMOOOO!!!!



SOLUCIÓN Á ACTIVIDADE DE GALEGO DO PROXECTO MATEMÁTICO

Onte, martes o alumnado, coma noutras ocasións, estivo na biblioteca no recreo para realizar unha das actividades propostas polo departamento de Galego e que levaba por título Rosalía de Castro, dentro da actividade do Proxecto matemático.
A solución deixámola aquí, onde a podedes ver premendo na seguinte ligazón:

ROSALÍA DE CASTRO

martes, 24 de febreiro de 2015

ALFREDO GÓMEZ CERDÁ VISITA MAÑÁ A NOSA BIBLIOTECA

Mañá mércores 25 estará connosco na biblioteca do centro o autor Alfredo Gómez Cerdá que virá compartir unha charla co alumnado que está a ler a súas obras. Prestade moita atención a esta interesante visita porque vos vai gustar e ademais das cousas que vos conte é máis que seguro que tedes inquedanzas que compartir con el sobre as vosas lecturas. Os clubs de lectura xa están preparados para recibilo! Será en horario de 16 a 17 horas.

Deixamos aquí tamén unha ligazón á súa páxina web por se queredes información previa á súa visita.





SOLUCIÓNS Á ACTIVIDADE APOCALIPSE DE RELIXIÓN

A solución á actividade APOCALIPSE plantexada polo departamento de Relixión é a que podedes ver premendo na seguinte ligazón:

SOLUCIÓN APOCALIPSE

luns, 23 de febreiro de 2015

NEREA E LAURA HOMENAXEAN A ROSALÍA

Nerea e Laura, alumnas de 1º de Bacharelato, recitan o poema Las Campanas de Rosalía de Castro, que prepararon na materia de Música, facendo a súa homenaxe particular á poeta.
Podedes ver o vídeo premendo na seguinte ligazón:

LAS CAMPANAS

AMANCIO PRADA CANTA A ROSALÍA

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Dende a biblioteca do noso centro, tamén queremos sumarnos á celebración do Día de Rosalía. Deixámosvos aquí  un poema que outro grande dos nosos, Curros Enríquez, lle adicou á escritora máis universal da literatura galega de todos os tempos.



Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan soia
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu…
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

sábado, 21 de febreiro de 2015

ROSALÍA DE CASTRO

Debido á confluencia de datas do Día do amor, o Entroido e a que esta semana pasada só houbo dous días lectivos, xuntáronse un pouco as actividades do Proxecto matemático deseñadas polos departamentos, polo que nos atopamos hoxe con dúas delas xa subidas ao blog pero que están sen resolver: a do departamento de Relixión -APOCALIPSE- e a nova de hoxe do departamento de Lingua Galega e Literatura -ROSALÍA DE CASTRO.
Estas dúas imos resolvelas o vindeiro luns 23 (Apocalipse) e o martes 24 (Rosalía de Castro). Coma sempre, no tempo do recreo e na biblioteca do centro, onde teredes o material necesario para dar coas solucións.

O enlace que imos adxuntar corresponde á actividade ROSALÍA DE CASTRO do departamento de Galego, pois a actividade de Relixión xa a tedes nunha entrada anterior.

Coma sempre, animávosvos a participar e agardamos a vosa visita á biblioteca o LUNS e o MARTES



ROSALÍA DE CASTRO


xoves, 12 de febreiro de 2015

CANTO AMOR HAI NO NOSO INSTITUTO


APOCALIPSE

O departamento de Relixión presenta a súa actividade para que vaiades vendo. A súa resolución será para o vindeiro 19 de febreiro, na biblioteca  á volta do Entroido.... non deixedes de pasalo ben nestas festas, pero mirade isto de paso para ir gañando máis puntos.... boas festas!!!


APOCALIPSE

SOLUCIÓNS Á ACTIVIDADE DE FRANCÉS DO PROXECTO MULTIDISCIPLINAR

Onte o alumnado do centro participou na actividade de Francés, proposta polo departamento correspondente. As solucións son as que ides ver a continuación:




La France
Francia

Nombre d’habitants/ Número de habitantes:
Superficie/ Superficie:
Nombre de départements/ Número de departamentos:96
Nombre de régions/ Número de rexións:22
5 principales villes avec leur nombre d’habitants:
 5 cidades principais e o seu número de habitantes:
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  

Langues regionales parlées en France/ Linguas rexionais faladas en Francia:

Religions/ Relixións:



mércores, 11 de febreiro de 2015

GAÑADORES 2ª ACTIVIDADE DO PROXECTO MATEMÁTICO

A actividade que plantexou o departamento  de Francés, tocou resolvela hoxe no recreo, o alumnado que se presentou,  deu coa solución correctamente… asi que a seguir sumando puntos!!!

Aquí vos deixamos os nomes dos gañadores.  Noraboa!!!



domingo, 8 de febreiro de 2015

CHEGOU O ENTROIDO!!!

O Entroido tamén está a facer a súa chegada e xa temos MECO preparado coa súa primeira orde; mellor dito, temos dúas mecas… as inseparables Mucha e Nucha. Elas dannos a súa consigna para este luns: hai que vira o instituto con calcetins de cores distintas, por riba do pantalón… estas da casa da Conexa…. Que ocorrencias teñen…





Dende a Biblioteca e o EDNL queremos dar as grazas ao alumnado que colaborou a toda présa para ter listas estas dúas celebracións. David, Bonia, Irene, Jesús e alumnos/as de 1º, 2º e 3º da ESO, MOITAS GRAZAS!!!

DÍA DO AMOR EN MARCHA

O día do amor (14 de febreiro) está a piques de chegar e a biblioteca do centro en colaboración  co ENDL xa ten preparado na entrada do centro  un corazón enorme para que poidades colgar nel as mensaxes en galego que lles adicades a ovoso amor (á familia, á parella, ás amizades). Hai corazóns de dúas cores, segundo a quen vaia dirixida a mensaxe. Tamén hai tarxetas para que alguén de maneira privada quere facer chegar a unha persoa determinada unha mensaxe… podedes deixala na caixa de correos que hai á entrada da biblioteca.

Ide escribindo o que queredes transmitir porque queremos ver ese corazón cheo doutros pequenos corazonciños; para iso temos este recunchiño para que tod@s vós abrades os vosos sentimentos e os expreses a quen máis desexades.




FELIZ DÍA DO AMOR!!!!



xoves, 5 de febreiro de 2015

LA FRANCE

 O departamento de Francés é o seguinte en participar no Proxecto matemático e para que poidades ir vendo o que preparou, déixase aquí durante unha semaniña a súa primeira actividade. O día 11 tedes que resolvela na aula de informática porque require o uso de ordenadores para a procura da información. Non o esquezades e vémonos alí ese día no recreo



Para ver a actividade, clica LA FRANCE



   ÁNIMO E A POLA SEGUNDAAAA...!!!!

mércores, 4 de febreiro de 2015

GAÑADORES DA 1ª ACTIVIDADE PROXECTO MATEMÁTICO

Hoxe no tempo do recreo na biblioteca do centro, alumnado de diferentes cursos, animouse a resolver os acertixos que a aula de PT propuxo dentro da actividade interdisciplinar Proxecto Matemático no que interveñen varios departamentos. Foi un día no que o ambiente de fóra estaba frío e había moita ausencia de alumnado por mor dos inconvenientes da neve, pero na biblioteca o ambiente era de animación. Todo o alumnado que participou hoxe, resolveu acertadamente as cuestións plantexadas. Así pois, deixamos os nomes dos gañador@s :





                                PARABÉNS A TOD@S!!!

SOLUCIÓNS AOS PASATEMPOS DA ACTIVIDADE DE HOXE DÍA 4

As solucións aos pasatempos referidos á actividade matemática que propuxo o departamento de Orientación (aula de PT) son as seguintes:


1. COMIDA RÁPIDA 

                      Hamburguesa: 2,20 €
                      Refresco: 1,10 €
                     Patacas: 1,25 €


 2. GALIÑAS

                     12 ovos




 3. MOEDAS
         
              
          1 de 2 €; outra non (0,50 €)

martes, 3 de febreiro de 2015

PASAMENTO DE JOSÉ MANUEL LARA

O mundo das letras en español vestiuse de loito coa morte de José Manuel Lara Bosch editor e presidente do Grupo Planeta, que faleceu aos 68 anos en Barcelona, vítima dunha grave enfermidade.





luns, 2 de febreiro de 2015

A BIBLIOTECA COLABORA NO DÍA DE SAN VALENTÍN

Ademais de participar conxuntamente co ENDLG na celebración do día do amor ou San Valentín, como se prefira chamar, para o 14 de febreiro, a biblioteca do centro pon a disposición do departamento de Lingua Castelá e Literatura obras clásicas de autores coa temática do amor. Están expostas na entrada do instituto para quen desexe ler algunha ou ben darlles unha ollada.