domingo, 22 de marzo de 2015

NO IES CONMEMORAMOS O DÍA DA POESÍA

Durante uns días, para facer a nosa homenaxe ao Día Mundial da Poesía, os departamentos de Linguas: Galego, Castelán, Francés e Inglés, estivemos traballando nas clases con poesía e o alumnado creou os seus propios poemas pasando así momentos moi divertidos ao tempo que comprobaron que facer poesía non é cousa  de xente rara nin é algo que resulte difícil de facer. Descubriron que calquera deles leva dentro un mundo de sensacións e de sentimentos que poden expresalo dun xeito menos convencional.
Todos os poemas que o alumnado foi creando, estiveron expostos dentro do libro-mural que a Biblioteca do centro ten ao longo deste curso na entrada do instituto. Aproveitouse o papel reciclado que as rapazas e rapaces elaboraron nas clases de Ciencias Naturais para ir colocando nesas follas as creacións literarias que idearon.
A Biblioteca, ten previsto ademais, que con ese papel reciclado que contén tanta poesía se poida facer un libro que será exposto no mes de abril, coincidindo co MES DO LIBRO. Un bonito traballo que hai que agradecer a tod@s @s participantes.

Podedes ver este traballo neste vídeo recompilatorio

ARGALLANDO POESÍA

Ningún comentario:

Publicar un comentario