mércores, 29 de abril de 2015

CALIGRAMAS MATEMÁTICOS

Nova actividade para o Proxecto matemático, que presenta o departamento de Lingua Castelá e Literatura e que leva por título Caligramas matemáticos. Unha semaniña é o prazo que , coma sempre, tedes para ir vendo o que se propón. Será o mércores 6 de maio cando toque resolvela na biblioteca, durante o recreo. Animávosvos a que participedes!!!

Podedes visualizala, premendo AQUÍ

GAÑADORAS DA ACTIVIDADE DE ORIENTACIÓN

As gañadoras da actividade do departamento de Orientación para o Proxecto matemático, resolta hoxe na biblioteca, foron as seguintes:



                         
                                                Parabéns!!!

SOLUCIÓN Á ACTIVIDADE DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Podedes consultar a solución á actividade de Orientación que se levou a cabo durante o recreo na biblioteca do centro.
Para vela, preme AQUÍ

luns, 27 de abril de 2015

NOVO LIBRO DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Fernández Paz vén de publicar a súa obra que leva por título A neve interminable . Unha novela onde o misterio ocupa o lugar central. Nela explóranse os medos esenciais que van da man do ser humano dende o comezo dos tempos e tamén, aqueles outros que teñen a súa orixe na desorde mundial deste século XXI.



AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ AUTOR PREMIADO POLAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

As Bibliotecas Escolares de Galicia outorgaron o galardón a Agustín Fernández Paz como autor máis lido neste ano 2015 nos clubs de lectura nos centros de ensino secundario.
Queda así establecido o premio que cada ano se lle vai conceder ao autor ou autora da obra en galego que resultase elixido polo meirande número de clubs do curso precedente.
Será na VIII Xornada dos Clubs de Lectura o día 5 de xuño en Compostela, cando Fernández Paz recibirá a homenaxe por parte do profesorado asistente e que ao tempo representa aos lectores e lectoras de ditos clubs de lectura do ensino secundario de toda Galicia.
Dende a biblioteca do IES Enrique Muruais, moitos parabéns, mestre!!!

                         

domingo, 26 de abril de 2015

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Na biblioteca do IES Enrique Muruais, festexamos o Día Internacional do libro cunha actividade que consistiu nun MERCADO DE LIBROS.
Todo o persoal do centro que quixera, podía traer aqueles libros que tivera na súa biblioteca persoal,  desexase intercambialo con outras persoas e adquirir outros novos. A actividade cumpriu coas nosas expectativas e participou moita xente, sobre todo o alumnado. Realizouse durante o recreo do xoves e a cada persoa que pasou pola biblioteca facer o intercambio, agasallouselle cun caravel... houbo xente que marchou con 4 ou 5 libros, e non só para lelos persoalmente, senón tamén para agasallar ás súas amizades ou familias.

Ademais, tamén se expuxeron uns libros recompilatorios de poesías (da actividade realizada para o Día da Poesía) que elaborara o alumnado. Estes libros artesanais estaban feitos con follas de papel reciclado, feito polos alumnos/as nas clases de Ciencias Naturais que serviron para ir pegando as poesías que inventaran @ alumn@s . Finalmente, o grupo de biblioteca fixo o labor último de encadernalos... e a verdade é que quedaron fermosos.
Dende estas páxina, queremos darlle as grazas ao Departamento de Ciencias Naturais pola súa colaboración para a creación destes exemplares e en xeral a todo o alumnado e profesorado que se implicou nesta actividade do mercado.

Aquí tedes os resultados. DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

mércores, 22 de abril de 2015

ACTIVIDADE MATEMÁTICA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

A seguinte actividade do Proxecto matemático corresponde ao departamento de Orientación que presenta dúas cuestións para que elixades a que que máis vos guste.
Lembrámosvos que tedes de prazo unha semana ata o mércores 29 que sexa a súa realización na biblioteca.

ACTIVIDADE DE ORIENTACIÓN

GAÑADORES DA ACTIVIDADE DE MATEMÁTICAS

Na proba que presentou hoxe o departamento de Matemáticas para o Proxecto multidisciplinar e que consistía en construír figuras co tangram, resultaron gañadores de entre todos os participantes dous alumn@s de 1º da ESO.





                                                                    PARABÉNS!!!

domingo, 19 de abril de 2015

PREPARANDO O DÍA DO LIBRO

A piques de comezar unha nova  semana, na biblioteca do IES estamos a preparar o Día do Libro e dos Dereitos de autor para o próximo día 23 de abril.
Imos facer un MERCADO DE LIBROS que vos permitirá cambiar libros, os vosos , os que xa lerades e poder adquirir outros que non teñades na vosa biblioteca particular.

Aquí vos deixamos as explicacións para ese intercambio de libros e como podedes facelo.

MERCADO DE LIBROS

VALES

mércores, 15 de abril de 2015

CONSTRUÍR FIGURAS CO TANGRAM

Esta semana é o departamento de Matemáticas o que presenta a actividade do Proxecto matemático.
O vindeiro mércores 22, agardámosvos durante o recreo na biblioteca para poder resolvela.


                                               Animaste a participar???

Preme AQUÍ para ver a actividade

GAÑADORES DA ACTIVIDADE DE INGLÉS

Na actividade  que se realizou hoxe do departamento de Inglés para o Proxecto matemático  resultaron gañadores @s seguintes alumn@s:




                                                                Parabéns a tod@s!!!

SOLUCIÓN DA ACTIVIDADE DE INGLÉS

Podes consultar a solución á actividade de Inglés que se realizou hoxe no recreo na biblioteca do centro.

SOLUCIÓN ACTIVITY ONE

martes, 14 de abril de 2015

LUNS NEGRO PARA A LITERATURA

O mundo da Literatura está de loito. Acaban de deixarnos dous grandes das letras universais: o uruguaio Eduardo Galeano e o alemán Günter Grass.
Deixamos aquí unha pequena reseña da obra destas dúas figuras.

EDUARDO GALEANO  Montevideo ( 3 setembro 1940 - 13 abril 2015).
Faleceu aos 74 anos vítima dun cancro de pulmón. Estaba considerado como un dos máis destacados autores da literatura latinoamericana. Sufriu o exilio e publicou máis de 30 libros entre os que destacan Las venas abiertas de América latina, Memoria del fuego, Los abrazos e Espejos entre outras obras.
As súas obras van máis aló de xéneros ortodoxos, combinando documental, ficción, xornalismo, análise política e historia. A ecoloxía, a política internacional, o fútbol, o sitio da muller, os dereitos humanos e o amor foron temas para a súa pluma, o que lle valeu o premio Casa de las Américas en 1975 e 1978. Ademais de escritor, foi un abandeirado de importantes causas.





GÜNTER GRASS  (Danzig 16 outubro 1927 - Lübek 13 abril 2015)
Faleceu á idade de 87 anos. Considerado o máis grande escritor en lingua alemá da posguerra e un referente político no seu país. Acadou fama mundial coa publicación da súa novela El tambor de hojalata en 1959. Xunto a esta, destacan tamén na súa produción literaria Pelando la cebolla, A paso de cangrejo, Mi siglo, Es cuento largo, El rodaballo, El gato y el ratón.
En 1999 recibiu os dous máis prestixiosos galardóns no ámbito literario mundial: o premio Nobel e o premio Príncipe de Asturias das Letras, en recoñecemento á súa traxectoria como escritor.


mércores, 8 de abril de 2015

ENGLISH ACTIVITY ONE

Despois do periodo vacacional da Semana Santa e xa máis descansad@s e sen a presión dos exames, na biblioteca voltamos coas actividades do Proxecto matemático. É a quenda do departamento de Inglés que presenta hoxe a súa actividade. Coma sempre, nunha semaniña, exactamente o mércores 15 vémonos no recreo na biblioteca... a ver se sodes quen de adiviñar o que as profes vos propoñen.

Non faltedes!!!

Para ver a actividade, preme AQUÍ

TESOUROS DOS REMEDIOS DA ALMA

"No Egito, as bibliotecas eram chamadas ''Tesouro dos remédios da alma''. De fato é nelas que se cura a ignorância, a mais perigosa das enfermidades e a origem de todas as outras."
Jacques Bossuet