martes, 14 de abril de 2015

LUNS NEGRO PARA A LITERATURA

O mundo da Literatura está de loito. Acaban de deixarnos dous grandes das letras universais: o uruguaio Eduardo Galeano e o alemán Günter Grass.
Deixamos aquí unha pequena reseña da obra destas dúas figuras.

EDUARDO GALEANO  Montevideo ( 3 setembro 1940 - 13 abril 2015).
Faleceu aos 74 anos vítima dun cancro de pulmón. Estaba considerado como un dos máis destacados autores da literatura latinoamericana. Sufriu o exilio e publicou máis de 30 libros entre os que destacan Las venas abiertas de América latina, Memoria del fuego, Los abrazos e Espejos entre outras obras.
As súas obras van máis aló de xéneros ortodoxos, combinando documental, ficción, xornalismo, análise política e historia. A ecoloxía, a política internacional, o fútbol, o sitio da muller, os dereitos humanos e o amor foron temas para a súa pluma, o que lle valeu o premio Casa de las Américas en 1975 e 1978. Ademais de escritor, foi un abandeirado de importantes causas.





GÜNTER GRASS  (Danzig 16 outubro 1927 - Lübek 13 abril 2015)
Faleceu á idade de 87 anos. Considerado o máis grande escritor en lingua alemá da posguerra e un referente político no seu país. Acadou fama mundial coa publicación da súa novela El tambor de hojalata en 1959. Xunto a esta, destacan tamén na súa produción literaria Pelando la cebolla, A paso de cangrejo, Mi siglo, Es cuento largo, El rodaballo, El gato y el ratón.
En 1999 recibiu os dous máis prestixiosos galardóns no ámbito literario mundial: o premio Nobel e o premio Príncipe de Asturias das Letras, en recoñecemento á súa traxectoria como escritor.


Ningún comentario:

Publicar un comentario