mércores, 20 de maio de 2015

INTERCAMBIO CO IES MARÍA SARMIENTO DE VIVEIRO

Onte martes, alumnado dos clubs de lectura do instituto fixeron unha viaxe a Viveiro dentro dun programa de intercambio co IES María Sarmiento organizado pola biblioteca e o ENDL do noso centro. Ademais do alumnado pertencente aos clubs de lectura, foron tamén outros alumnos e alumnas da ESO. Ían acompañad@s polas profesoras Elena Aller e Carme Peón.
Nesta visita, foron recibid@s polo director do centro viveirense. Pouco despois, o noso alumnado foi visitar as dependencias de REGALCERÁMICA onde o ceramista Otero Regal lles fixo unha demostración de pintura. Como complemento a esta visita a Cerámica Regal, @s alumn@s dos dous institutos, desprazáronse a Chavín para ver no Souto da Retorta os eucaliptos xigantes, entre eles o máis famoso " o avó".
Xa como complemento desta visita a Viveiro, e xa de retorno para A Pontenova, o noso alumnado e as profesoras acompañantes, pararon  no porto de Burela para visitar a lonxa.
 A comezos do curso 2015-2016, será o alumnado de Viveiro o que nos visite ao noso centro.
Foi un día de encontros e de moita ledicia.



Ningún comentario:

Publicar un comentario