xoves, 8 de outubro de 2015

ADEUS



Neste curso 2015-2016 a biblioteca escolar do IES Enrique Muruais vai deixar un descanso ao blog de Biblioteca Escolar.
Dar as grazas a Anxeles polo  traballo feito no curso 2014-2015.
Esperamos volver……
Grazas polas vosas visitas
¡¡Adeus!!

martes, 30 de xuño de 2015

LECTURAS DE VERÁN

Coma todos os anos, o equipo de biblioteca preparou un tríptico con lecturas que podedes seguir para encher o voso tempo de lecer. Lembrade que sempre é bo ademais doutras actividades típicas das vacacións ter a man un libro e deixar voar a imaxinación.

Desde o blog da biblioteca do IES Enrique Muruais, este equipo quere desexarvos un feliz verán e que disfrutedes dunhas boas e refrescantes lecturas.


Preme AQUÍ  para ver o tríptico



                                      Volveremos en setembro...

INVESTIGACIÓN E TRATAMENTO DA INFORMACIÓN UNHA MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN EN 1º E 2º ESO

Nos Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares  celebrados en Compostela en marzo de 2015, o profesor Ángel Carracedo impartiu a conferencia de peche e deixounos esta impagable mensaxe sobre a importancia de ensinar a buscar, comprender, tratar, usar e comunicar información. Cómpre unha escoita atenta destas recomendacións dun científico que contempla as necesidades educativas da poboación desde a súa experiencia persoal e profesional. 

Podedes escoitalo premendo na seguinte ligazón.

xoves, 25 de xuño de 2015

RECOLLIDA DE PREMIOS NA BIBLIOTECA

O día 18 de xuño, durante o recreo entregáronse na biblioteca do centro os premios aos gañadores da ACTIVIDADE MULTIDISCIPLINAR que se realizou ao longo do segundo e terceiro trimestres do curso.

O gañador absoluto e que acadou máis puntos no seu carnet de participante foi o alumno de 2º ESO Jorge Macía González que recibiu como agasallo un xogo matemático en madeira así coma un diploma pola súa participación.
Tod@s @s demais participantes/gañadores, tamén levaron os seus agasallos que consistiu nun Diploma.

       



            Noraboa a tod@s e moitísimas grazas pola vosa participación!!!

venres, 12 de xuño de 2015

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O pasado día 5 de xuño foi o Día internacional do Medio Ambiente e o departamento de Bioloxía conmemorou esta data no centro cunha actividade realizada co alumnado de 1º ESO. A profesora que imparte a materia neste curso, Carmen Cabodevila, estivo na biblioteca dirixindo o traballo dos nen@s que consistiu en ir poñendo nas diferentes linguas que se imparten no centro os nomes das plantas que foron observando e estudando e que forman parte da contorna paisaxística da antiga vía mineira do tren de Vilaodrid-Ribadeo. O alumnado de deste nivel fixo parte dese roteiro e puido observar in situ a riqueza paisaxística. Todo elo, relacionado directamente co Proxecto Interdisciplinar de 1º ESO.
A biblioteca do centro, aportou o material impreso e o informático para a realización de dita actividade.




martes, 9 de xuño de 2015

VIII XORNADAS DOS CLUBS DE LECTURA

O día 5 de xuño foron as Xornadas dos Clubs de Lectura en Compostela coa participación do profesorado que coordina ditos clubs de todos os centros de ensino postobrigatorio de Galicia. Durante estas xornadas estaba prevista a entrega do Premio dos Clubs de Lectura 2015 a Agustín Fernández Paz como autor máis lido e que finalmente, non puido asistir, recollendo dito galardón o seu amigo e editor Manuel Bragado.
En representación do noso centro, asistiu ás xornadas a profesora Mercedes Bouza por ser unha das coordinadoras dos clubs de lectura.
Premendo na seguinte ligazón, podedes escoitar a gravación que fixo Fernández Paz como agradecemento a este premio.

PALABRAS DE AGRADECEMENTO DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ




xoves, 4 de xuño de 2015

FINALIZACIÓN DA ACTIVIDADE MULTIDISCIPLINAR PROXECTO MATEMÁTICO

O 28 de maio remataba a actividade interdisciplinar Proxecto matemático que desde o mes de xaneiro veu facéndose cada semana na biblioteca do centro ou mesmo na aula de Informática.
Como xa sabedes, esta actividade estivo coordinada polo equipo de biblioteca e realizouse en colaboración cos departamentos didácticos do centro.
Foron 14 as actividades que se realizaron nas que semanalmente cada departamento, seguindo unha orde establecida de participación, deseñou e propuxo ao alumnado.
En canto ao alumnado participante, a maioría foron nenos e nenas do 1º ciclo, aínda que houbo alumn@s participantes doutros cursos da ESO e de BACH.Tod@s@os alumn@s participantes posuían un carnet  onde ían sumando puntos por gañar na resolución dos exercicios. Dicirvos que o vindeiro 18 de xuño, durante o recreo na biblioteca, entregararanse os PREMIOS aos gañadores e participantes, asi que alí vos esperamos!!
O equipo de biblioteca, valorou moi positivamente dita actividade, animando a tod@s, tanto profesorado como alumnado a seguir participando. E non queremos rematar esta entrada sen agradecervos a alumnos/as e profesorado que tomou parte nesta iniciativa a vosa colaboración.

                        A TOD@S, MOITAS GRAZAS!!!


luns, 1 de xuño de 2015

VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA

Desde fai  uns días, na biblioteca do centro contamos con 5 alum@s de 1º da ESO que comezan xunto co equipo de biblioteca a axudarnos no traballo que require a organización e dinamización da mesma. Este alumnado que, voluntariamente se ofreceu para botarnos una man durante os recreos, de momento encárgase de ir recollendo os libros que @s alumn@s do centro van devolvendo á biblioteca e así poder recolocalos de novo nos andeis. Comezan agora, como unha maneira de ir adaptándose a este labor organizativo, pero para o curso 2015-2016 van ter nov@s compañeir@s coa entrada dos nenos e nenas dos coles de Riotorto e A Pontenova que veñen por vez primeira ao noso instituto.
Pois imosvolos presentar, porque este equipo de voluntari@s está formado por:


                         Lorena, Marina, Christian Díaz, Lucía e Paula.
                             
            GRACIÑAS POLA VOSA COLABORACIÓN E AXUDA!!


   

xoves, 28 de maio de 2015

GAÑADOR DA ACTIVIDADE DE RELIXIÓN PARA O PROXECTO MATEMÁTICO

Hoxe na biblioteca durante o recreo, o alumnado estivo a resolver a actividade de Relixión para o Proxecto matemático, resultando gañador da mesma o alumno de 2º ESO, Jorge Macía González.

                                                                Parabéns Jorge!!!




                                                                         

xoves, 21 de maio de 2015

MARCAPÁXINAS GAÑADOR

Como xa sabedes, fíxose un concurso de marcapáxinas como cada ano e quen quixera participar tiña que depositar o seu modelo na caixa do correo que hai á entrada da biblioteca.
O xurado decidiu dar o primeiro premio ao marcapáxinas da alumna Iuliana Luculescu de 1º de BACH e o segundo ao da  alumna de 1º da ESO, Lucía Lourido Cigarrán.


               NORABOA ÁS DÚAS E MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN.



Para ver o marcapáxinas gañador, preme MARCAPÁXINAS GAÑADOR


mércores, 20 de maio de 2015

ACTIVIDADE DE RELIXIÓN PARA O PROXECTO MATEMÁTICO

E xa para rematar a quenda de actividades do Proxecto matemático, subimos a actividade do departamento de Relixión que leva por título A Biblia. Animádevos a ir pola última!!! deixámola aquí no blog ata o MARTES 26 que se resolverá  na biblioteca do centro e no tempo do recreo.

Para ver preme AQUÍ

INTERCAMBIO CO IES MARÍA SARMIENTO DE VIVEIRO

Onte martes, alumnado dos clubs de lectura do instituto fixeron unha viaxe a Viveiro dentro dun programa de intercambio co IES María Sarmiento organizado pola biblioteca e o ENDL do noso centro. Ademais do alumnado pertencente aos clubs de lectura, foron tamén outros alumnos e alumnas da ESO. Ían acompañad@s polas profesoras Elena Aller e Carme Peón.
Nesta visita, foron recibid@s polo director do centro viveirense. Pouco despois, o noso alumnado foi visitar as dependencias de REGALCERÁMICA onde o ceramista Otero Regal lles fixo unha demostración de pintura. Como complemento a esta visita a Cerámica Regal, @s alumn@s dos dous institutos, desprazáronse a Chavín para ver no Souto da Retorta os eucaliptos xigantes, entre eles o máis famoso " o avó".
Xa como complemento desta visita a Viveiro, e xa de retorno para A Pontenova, o noso alumnado e as profesoras acompañantes, pararon  no porto de Burela para visitar a lonxa.
 A comezos do curso 2015-2016, será o alumnado de Viveiro o que nos visite ao noso centro.
Foi un día de encontros e de moita ledicia.



GAÑADORES DA ACTIVIDADE LA FRANCOPHONIE

Os gañadores da actividade proposta polo departamento de Francés son os seguintes:

GAÑADORES DA ACTIVIDADE FRANCOPHONIE


                               PARABÉNS A TOD@S!!!

SOLUCIÓN Á ACTIVIDADE DE FRANCÉS DO PROXECTO MATEMÁTICO

Poñemos aquí a solución da actividade do departamento de Francés que se realizou este mércores  na aula de Informática e que pertence ao Proxecto matemático.

LA FRANCOPHONIE SOLUTIONS

mércores, 13 de maio de 2015

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

Queremos lembrarvos que segue aberto o prazo de presentación para o concurso de marcapáxinas que unha vez máis a biblioteca convoca a finais de curso.... non o esquezades!!! Sabemos que hai exames e que nestas datas andades a mil, pero un último esforzo ben paga a pena porque o marcapáxinas que resulte gañador vai servir de agasallo.
Animádevos que está a piques de rematar o prazo... venres 15 de maio!! 

CARTAZ CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

LA FRANCOPHONIE

O departamento de Francés é o penúltimo deste curso que presenta novamente unha actividade La Francophonie para o Proxecto matemático. Será a vosa quenda de resolver...será o  mércores 20 na AULA DE INFORMÁTICA e durante o recreo...
Preme para ver, AQUÍ


                                                                    Allez, allez!!!

martes, 12 de maio de 2015

GAÑADORES DA ACTIVIDADE MATEMÁTICA DA AULA PT

No recreo de hoxe, o alumnado foi pola biblioteca para tentar resolver a actividade matemática CABALO-XINETE que propoñía a aula de PT, sendo @s alumn@s seguintes os que deron coa solución:

SOLUCIÓN CABALO-XINETE


                                                                            PARABÉNS!!!

GAÑADORES CALIGRAMAS MATEMÁTICOS

Os gañadores da actividade Caligramas matemáticos plantexada polo departamento de Lingua Castelá  e que se resolveu hoxe na biblioteca do centro foron os que aparecen a continuación. Se queredes ver o listado preme  AQUÍ

                                                       NORABOA A TOD@S!!!!

XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE: LETRAS GALEGAS 2015

Da Secretaría Xeral de Cultura recollemos un vídeo realizado pola produtora Algarabía con textos do autor ao que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas, Xosé Fernando Filgueira Valverde.
Para velo, preme nesta ligazón:

TEXTOS DE XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE





luns, 11 de maio de 2015

LIBERDADE DE PRENSA MEDIO AMBIENTE

Para celebrar o Día Mundial  do Medio Ambiente cara ao 5 de xuño, a biblioteca do IES ten previsto traballalo coa prensa xa que o pasado 3 de maio, tamén foi o Día Mundial da Liberdade de Prensa, unificando, deste xeito, dúas actividades moi próximas no tempo.
Como a nosa biblioteca recibe semanalmente o Sermos Galiza, empregarémolo para facer actividades con el.