![]() |
| OS GRUPOS GAÑADORES |
xoves, 20 de novembro de 2014
ALUMNADO DA ESO COA CIENCIA
Como xa sabedes, estamos no mes da Ciencia e o Departamento de Bioloxía e Ciencias Naturais levou a cabo unha sesión práctica cas nenas e nenos de 1º da ESO. Fixeron un concurso para resolver 2 sopas de letras onde se incluían termos científicos dos temas do Universo e a Xeosfera. A sesión que se celebrou na biblioteca estivo dirixida pola profesora Carmen Cabodevila.
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O 25 de novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller. Un ano máis, o equipo de biblioteca do IES Enrique Muruais quere sumarse, nesta data especialmente,á contribución da erradicación desta lacra. Un día para a reflexión e para a educación, que ten como obxectivo lembrar a todas as mulleres e nenas que foron e son vítimas da violencia de xénero, e educar na implicación e denuncia a toda a sociedade para acadar eliminar os comportamentos violentos.
O equipo de biblioteca, xa levamos días preparando actividades para esta data e o primeiro que fixemos, foi convocar un curso de lemas coa finalidade de promover a loita contra a violencia de xénero. O concurso foi dirixido a todo o alumnado do centro, pero maioritariamente participaron os cursos da ESO. Xa temos o nome das gañadoras que foron alumnas de 1º ESO...O lema que quedou en 1º lugar, será o que se se inscriba nunha chapa e se reparta en todo o centro o día 25 de novembro. Ese día entregaranse uns diplomas moi chulos a estas alumnas durante o tempo do recreo.

DÍA DAS BIBLIOTECAS I
Para a celebración do Día das Bibliotecas, o mesde outubro pasado, as nenas e nenos de 1º ESO escribiron unhas pequenas historias na clase de Galego, que vos deixamos aquí.
Biblioteca from luscofusco13
luns, 17 de novembro de 2014
PRESENTACIÓN OFICIAL DE VÍA MUERTA
O venres día 7 de novembro a escritora santirseña Aurora García Rivas ( La Antigua,
Santirso de Abres 1948) presentou na Casa da Cultura da Pontenova a súa nova
novela Vía Muerta. Elexiu,
precisamente este escenario para a súa primeira presentación oficial, porque da Pontenova
partía o tren mineiro Vilaodrid-Ribadeo que fai de fío condutor e dá nome a ese
traballo que fará viaxar ao lector a un periodo comprendido entre 1833 e 1933,
segundo as palabras da súa autora.
"Con esta novela
intento poner de relieve la lucha de unas gentes, dos y tres generaciones
atrás, que han sido los pilares de nuestra actual situación. Y, por supuesto,
es un homenaje personal a mi tierra", precisa la autora en su blog. No en
vano, la acción de "Vía muerta" discurre por los pueblos de San
Tirso, Vegadeo, Ribadeo, A Pontenova o Riotorto, aunque también viaja Marruecos
y Cuba de la mano de los personajes. Rivas indica que aunque es una novela
coral hay tres personajes con especial protagonismo que son naturales de
Vilaodrid, San Tirso y Ribadeo, tres puntos fundamentales del tren minero que
vertebró la orilla del Eo entre 1903 y 1964."
Despois do acto de presentación, a autora asinou exemplares ao público alí asistente.A novela está editada por Septem ediciones.
Despois do acto de presentación, a autora asinou exemplares ao público alí asistente.A novela está editada por Septem ediciones.
domingo, 16 de novembro de 2014
V XORNADAS DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Durante os días 7 e 8 deste mes en curso, celebráronse en Compostela un ano máis as Xornadas das bibliotecas escolares, esta vez era a quinta edición. En representación do noso centro, asistiu a elas a coordinadora da biblioteca Elena Aller González. Aquí vos deixamos a ligazón na que se atopa un resumo do que foi e dos materiais que alí se compartiron: redeBE
xoves, 13 de novembro de 2014
O NOSO IES COA CIENCIA
A biblioteca do IES Enrique Muruais quere aportar o seu gran de area neste mes de novembro no Mes da Ciencia nas Bibliotecas. Para elo, adiantamos que os Departamentos de Bioloxía e Física e Química van participar en actividades lúdicas e de aprendizaxe co alumnado do centro.
O Departamento de Bioloxía levará adiante un concurso de Sopas de letras con terminoloxía científica dirixido ao alumnado do 1º ciclo da ESO.
Pla súa banda, o Departamento de Física e Química vai colaborar nesta efeméride cunha sesión práctica sobre A extracción do ADN. Irá dirixida ás alumnas e alumnos de 4º da ESO.
Nos próximos días poderemos subir ao blogue algunhas fotos sobre esas actividades... NON DEIXEDES DE VER O BLOGUE!!!

luns, 10 de novembro de 2014
MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS GALEGAS
Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto a modo de MANIFESTO do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da USC. Coñecido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado nas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)