O Departamento de Bioloxía e Ciencias Naturais quixo agasallar ao alumnado máis cativo pola súa participación e os seus traballos no mes da Ciencia, obsequiándoo cuns marcapáxinas. Mirade que chulos son...
mércores, 10 de decembro de 2014
martes, 2 de decembro de 2014
ACELERACIÓN E CONSTANTE ELÁSTICA 4º ESO
O cálculo da aceleración dun obxecto que descende por un plano inclinado e a determinación da constante elástica dun resorte, foron obxecto dunha práctica coas alumnas e alumnos de 4º da ESO. No laboratorio de Física, aportaron o seu gran de area para a celebración do mes das Ciencias nas bibliotecas escolares.
A MAMBA NEGRA
Práctica feita polo alumnado de 3º da ESO e dirixida polo profesor do Departamento de Física e Química: Determinación de densidades de distintos corpos... que ben o pasaron!!!
Práctica de 3º ESO
Práctica de 3º ESO
EXTRACCIÓN DE ADN
O Departamento de Bioloxía e Ciencias Naturais, no mes de novembro, o mes da Ciencia nas bibliotecas escolares, levou a cabo unha práctica cos rapaces e rapazas de 4º da ESO. Aquí vos deixamos o documento onde podedes ver ao alumnado experimentando no laboratorio.
Experimento de 4º ESO
Experimento de 4º ESO
venres, 28 de novembro de 2014
AS MATEMÁTICAS CON HUMOR
A piques de rematar o mes das Ciencias nas bibliotecas, aquí deixamos un video co monólogo de Eduardo Saenz de Cabezón, matemático e profesor da Universidade de La Rioja para que vexades que as Matemáticas son para sempre...pero con humor, moito mellor!!
Ver aquí
Ver aquí
mércores, 26 de novembro de 2014
NO IES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Onte 25 de novembro no centro foi un día de compromiso, especialmente: contra a violencia de xénero.
Colocamos a bufanda que se teceu con la de cores lila a modo de lazo sobre o libro expositor, que a biblioteca ten na entrada do centro.
Repartíronse as chapas a todos os membros do insti co primeiro lema gañador do Concurso de Lemas contra Violencia de Xénero. No tempo do recreo entregáronse os premios ás gañadoras, alumnas de 1º ESO, deste concurso:
1º PREMIO para Celia Fiallega Gavín (Lema incrito na chapa)
2º PREMIO para Sara Crecente Tojal
3º PREMIO para Sara Rodríguez Miranda
No recreo, no andar da entrada, proxectouse a curta de Icíar Bollaín "Amores que matan".
Colocamos a bufanda que se teceu con la de cores lila a modo de lazo sobre o libro expositor, que a biblioteca ten na entrada do centro.
Repartíronse as chapas a todos os membros do insti co primeiro lema gañador do Concurso de Lemas contra Violencia de Xénero. No tempo do recreo entregáronse os premios ás gañadoras, alumnas de 1º ESO, deste concurso:
1º PREMIO para Celia Fiallega Gavín (Lema incrito na chapa)
2º PREMIO para Sara Crecente Tojal
3º PREMIO para Sara Rodríguez Miranda
No recreo, no andar da entrada, proxectouse a curta de Icíar Bollaín "Amores que matan".
![]() |
| Libro expositor curso 2014-2015 |
![]() |
| 1º Premio de lemas (Celia Fiallega Gavín) |
![]() |
| Sara Crecente, Celia e Sara Rodríguez |
luns, 24 de novembro de 2014
domingo, 23 de novembro de 2014
CALCETA PARA UNHA BOA CAUSA
A maioría das actividades que se están a facer estas últimas
semanas, a proposta do equipo de biblioteca, teñen unha mesma finalidade:
concienciar e implicarse na loita contra a violencia de xénero. Outro labor que
xa está en marcha e que parece que atrae a moita xente é o do” club da calceta”.
Aquí tanto persoal docente, coma alumnado, exalumnado, mamás, persoal de cociña
e calquera que queira poñerse mans á obra, pode tecer . A actividade consiste
en facer unha macrobufanda, en cor lila, por suposto, que rematará sendo un
gran lazo co que adornaremos o andar da
entrada ao edificio; será un labor que se comece este curso, pero que agardamos
que teña continuidade nos vindeiros. Animádevos e seguide dándolle ás agullas!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





