O departamento de Francés é o seguinte en participar no Proxecto matemático e para que poidades ir vendo o que preparou, déixase aquí durante unha semaniña a súa primeira actividade. O día 11 tedes que resolvela na aula de informática porque require o uso de ordenadores para a procura da información. Non o esquezades e vémonos alí ese día no recreo
Para ver a actividade, clica LA FRANCE
ÁNIMO E A POLA SEGUNDAAAA...!!!!
xoves, 5 de febreiro de 2015
mércores, 4 de febreiro de 2015
GAÑADORES DA 1ª ACTIVIDADE PROXECTO MATEMÁTICO
Hoxe no tempo do recreo na biblioteca do centro, alumnado de diferentes cursos, animouse a resolver os acertixos que a aula de PT propuxo dentro da actividade interdisciplinar Proxecto Matemático no que interveñen varios departamentos. Foi un día no que o ambiente de fóra estaba frío e había moita ausencia de alumnado por mor dos inconvenientes da neve, pero na biblioteca o ambiente era de animación. Todo o alumnado que participou hoxe, resolveu acertadamente as cuestións plantexadas. Así pois, deixamos os nomes dos gañador@s :
PARABÉNS A TOD@S!!!
PARABÉNS A TOD@S!!!
SOLUCIÓNS AOS PASATEMPOS DA ACTIVIDADE DE HOXE DÍA 4
As solucións aos pasatempos referidos á actividade matemática que propuxo o departamento de Orientación (aula de PT) son as seguintes:
1. COMIDA RÁPIDA
2. GALIÑAS
3. MOEDAS
1. COMIDA RÁPIDA
Hamburguesa: 2,20 €
Refresco: 1,10 €
Patacas: 1,25 €
2. GALIÑAS
12 ovos
3. MOEDAS
1 de 2 €; outra non (0,50 €)
martes, 3 de febreiro de 2015
PASAMENTO DE JOSÉ MANUEL LARA
O mundo das letras en español vestiuse de loito coa morte de José Manuel Lara Bosch editor e presidente do Grupo Planeta, que faleceu aos 68 anos en Barcelona, vítima dunha grave enfermidade.
luns, 2 de febreiro de 2015
A BIBLIOTECA COLABORA NO DÍA DE SAN VALENTÍN
Ademais de participar conxuntamente co ENDLG na celebración do día do amor ou San Valentín, como se prefira chamar, para o 14 de febreiro, a biblioteca do centro pon a disposición do departamento de Lingua Castelá e Literatura obras clásicas de autores coa temática do amor. Están expostas na entrada do instituto para quen desexe ler algunha ou ben darlles unha ollada.
mércores, 28 de xaneiro de 2015
COMIDA RÁPIDA
Esta primeira actividade coa que comezamos o PROXECTO MATEMÁTICO e que leva por título COMIDA RÁPIDA deseñouna e preséntaa o departamento de Orientación (aula de PT). Podedes ir véndoa porque hai que realizala o vindeiro 4 de febreiro na biblioteca durante o recreo. Alí dispoñeredes de todo o material que poidades necesitar para poder dar coa solución. Clicade sobre o enlace e xa podedes vela.
1ª ACTIVIDADE DPTO DE ORIENTACIÓN
ÁNIMO E SORTEEEEEE..........
1ª ACTIVIDADE DPTO DE ORIENTACIÓN
ÁNIMO E SORTEEEEEE..........
martes, 27 de xaneiro de 2015
COMEZA O PROXECTO MATEMÁTICO
Ola a todo o alumnado!!! Hoxe día 28 comezamos a subir a este blog as actividades do PROXECTO MATEMÁTICO que a biblioteca do centro propón e dirixe en colaboración cos departamentos didácticos que voluntariamente quixeron participar. Imos darvos unha serie de pautas para que quede ben clariño como se vai ir facendo isto e de que maneira bota a andar. Estas pautas son sempre iguais para TODAS as actividades que se van propoñer.
REGRAS DE PARTICIPACIÓN
1. Cunha semana de antelación á data da realización da actividade, subirase aquí no blog para que poidades visualizala e mesmo preparala se o vedes conveniente.
2. As actividades vanse realizar na biblioteca, agás cando se necesiten ordenadores que entón sería necesario facelas na aula de informática.
3. Sempre que se suba ao blog a actividade, vaise informar da data para a súa realización e do departamento que a deseñou.
4. O tempo de realización de cada actividade será dun recreo.
5. Cada actividade poderá resolverse unicamente de xeito individual.
6. Cada un dos departamentos participantes presenta como máximo tres actividades.
7. Cada día (recreo), só se poderá resolver unha actividade.
8. O máximo de participantes para cada día será de 20 alumn@s.
9. Cada alumno/a participante recibirá un carné onde vai ir acumulando puntos sempre que resolva axeitadamente a actividade.
10. Ao remate de todas as actividades, o alumnado gañador recibirá un premio.
11. As actividades comezan o 4 de febreiro e rematan o 28 de maio.
AGARDAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN E QUE O PASEDES MOI BEN!!!
REGRAS DE PARTICIPACIÓN
1. Cunha semana de antelación á data da realización da actividade, subirase aquí no blog para que poidades visualizala e mesmo preparala se o vedes conveniente.
2. As actividades vanse realizar na biblioteca, agás cando se necesiten ordenadores que entón sería necesario facelas na aula de informática.
3. Sempre que se suba ao blog a actividade, vaise informar da data para a súa realización e do departamento que a deseñou.
4. O tempo de realización de cada actividade será dun recreo.
5. Cada actividade poderá resolverse unicamente de xeito individual.
6. Cada un dos departamentos participantes presenta como máximo tres actividades.
7. Cada día (recreo), só se poderá resolver unha actividade.
8. O máximo de participantes para cada día será de 20 alumn@s.
9. Cada alumno/a participante recibirá un carné onde vai ir acumulando puntos sempre que resolva axeitadamente a actividade.
10. Ao remate de todas as actividades, o alumnado gañador recibirá un premio.
11. As actividades comezan o 4 de febreiro e rematan o 28 de maio.
AGARDAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN E QUE O PASEDES MOI BEN!!!
venres, 23 de xaneiro de 2015
PROXECTO MATEMÁTICO
Baseándonos no proxecto da nosa biblioteca aprobado xa o
curso pasado e que se presentou para participar no Plan de Mellora Os
libros, esas formas xeométricas cheas de sabedoría e aventura, querémosvos presentar unha actividade
multidisciplinar, de xeito que a biblioteca traballe coordinadamente con todos
os departamentos. Este ano o lema das bibliotecas escolares é Biblioteca
escolar…matemático!!! , polo que,
cremos que este é un bo xeito de
relacionar o noso proxecto do ano pasado
co lema deste ano .
Desta maneira, a biblioteca pediu a colaboración dos departamentos
para traballar conxuntamente e tentar
facer unhas actividades ao redor do número.
As actividades que se van propone van dirixidas a todo o
alumnado da ESO e BACHARELATO e terán unha temporalización que vai dende o 4 de
febreiro até o 27 de maio, sendo os
mércores no tempo do recreo cando @s alumn@s poidan resolvelas. Por adiantado e
cunha semana de antelación, a actividade que se vai propoñer, estará subida aquí
no blog para que o alumnado interesado poida visualizala e, se o desexa, ir
preparándoa.
mércores, 21 de xaneiro de 2015
LECTURAS DE ALFREDO GÓMEZ CERDÁ NA BIBLIOTECA
O alumnado pertencente ao club de lectura Piratitas vai ver o libro El tesoro más precioso del mundo, mentres que o club de lectura Piratas lerá Pasos de marioneta. Tamén participa na lectura con outro libro do mesmo autor El rostro de la sombra o alumnado de 3º ESO.
Como colofón a estas lecturas, anunciámosvos a visita de Alfredo Gómez Cerdá o día 25 de febreiro á nosa biblioteca.
![]() |
| Club de lectura Piratitas |
![]() |
| Club de lectura Piratas |
![]() |
| 3º ESO |
domingo, 18 de xaneiro de 2015
UN ADIANTO PARA O DÍA DA PAZ
No noso libro-expositor temos xa un adianto para celebrar o Día da Paz o 30 de xaneiro. Aquí vos deixamos unhas fotografías.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
.png)













