O departamento de Relixión presenta a súa actividade para que vaiades vendo. A súa resolución será para o vindeiro 19 de febreiro, na biblioteca á volta do Entroido.... non deixedes de pasalo ben nestas festas, pero mirade isto de paso para ir gañando máis puntos.... boas festas!!!
APOCALIPSE
xoves, 12 de febreiro de 2015
SOLUCIÓNS Á ACTIVIDADE DE FRANCÉS DO PROXECTO MULTIDISCIPLINAR
Onte o alumnado do centro participou na actividade de Francés, proposta polo departamento correspondente. As solucións son as que ides ver a continuación:
La France
Francia
Nombre
d’habitants/ Número de habitantes:
Superficie/
Superficie:
Nombre
de départements/ Número de departamentos:96
Nombre
de régions/ Número de rexións:22
5
principales villes avec leur nombre d’habitants:
5 cidades principais e o seu número de
habitantes:
Langues
regionales parlées en France/ Linguas rexionais faladas en Francia:
Religions/
Relixións:
mércores, 11 de febreiro de 2015
GAÑADORES 2ª ACTIVIDADE DO PROXECTO MATEMÁTICO
A
actividade que plantexou o departamento de Francés, tocou resolvela hoxe no
recreo, o alumnado que se presentou, deu
coa solución correctamente… asi que a seguir sumando puntos!!!
Aquí
vos deixamos os nomes dos gañadores. Noraboa!!!
domingo, 8 de febreiro de 2015
CHEGOU O ENTROIDO!!!
O Entroido tamén
está a facer a súa chegada e xa temos MECO
preparado coa súa primeira orde; mellor dito, temos dúas mecas… as inseparables
Mucha e Nucha. Elas dannos a súa
consigna para este luns: hai que vira o instituto con calcetins de cores
distintas, por riba do pantalón… estas da casa da Conexa…. Que ocorrencias
teñen…
Dende a Biblioteca e o EDNL queremos dar as grazas ao alumnado que colaborou a toda présa para ter listas estas dúas celebracións. David, Bonia, Irene, Jesús e alumnos/as de 1º, 2º e 3º da ESO, MOITAS GRAZAS!!!
DÍA DO AMOR EN MARCHA
O día do amor (14 de
febreiro) está a piques de chegar e a biblioteca
do centro en colaboración co ENDL xa ten preparado na entrada do
centro un corazón enorme para que
poidades colgar nel as mensaxes en galego que lles adicades a ovoso amor (á familia, á parella, ás amizades). Hai
corazóns de dúas cores, segundo a quen vaia dirixida a mensaxe. Tamén hai
tarxetas para que alguén de maneira privada quere facer chegar a unha persoa
determinada unha mensaxe… podedes deixala na caixa de correos que hai á entrada da biblioteca.
Ide escribindo o que queredes transmitir porque queremos ver
ese corazón cheo doutros pequenos corazonciños; para iso temos este recunchiño
para que tod@s vós abrades os vosos sentimentos e os expreses a quen máis
desexades.
FELIZ DÍA DO AMOR!!!!
xoves, 5 de febreiro de 2015
LA FRANCE
O departamento de Francés é o seguinte en participar no Proxecto matemático e para que poidades ir vendo o que preparou, déixase aquí durante unha semaniña a súa primeira actividade. O día 11 tedes que resolvela na aula de informática porque require o uso de ordenadores para a procura da información. Non o esquezades e vémonos alí ese día no recreo
Para ver a actividade, clica LA FRANCE
ÁNIMO E A POLA SEGUNDAAAA...!!!!
Para ver a actividade, clica LA FRANCE
ÁNIMO E A POLA SEGUNDAAAA...!!!!
mércores, 4 de febreiro de 2015
GAÑADORES DA 1ª ACTIVIDADE PROXECTO MATEMÁTICO
Hoxe no tempo do recreo na biblioteca do centro, alumnado de diferentes cursos, animouse a resolver os acertixos que a aula de PT propuxo dentro da actividade interdisciplinar Proxecto Matemático no que interveñen varios departamentos. Foi un día no que o ambiente de fóra estaba frío e había moita ausencia de alumnado por mor dos inconvenientes da neve, pero na biblioteca o ambiente era de animación. Todo o alumnado que participou hoxe, resolveu acertadamente as cuestións plantexadas. Así pois, deixamos os nomes dos gañador@s :
PARABÉNS A TOD@S!!!
PARABÉNS A TOD@S!!!
SOLUCIÓNS AOS PASATEMPOS DA ACTIVIDADE DE HOXE DÍA 4
As solucións aos pasatempos referidos á actividade matemática que propuxo o departamento de Orientación (aula de PT) son as seguintes:
1. COMIDA RÁPIDA
2. GALIÑAS
3. MOEDAS
1. COMIDA RÁPIDA
Hamburguesa: 2,20 €
Refresco: 1,10 €
Patacas: 1,25 €
2. GALIÑAS
12 ovos
3. MOEDAS
1 de 2 €; outra non (0,50 €)
martes, 3 de febreiro de 2015
PASAMENTO DE JOSÉ MANUEL LARA
O mundo das letras en español vestiuse de loito coa morte de José Manuel Lara Bosch editor e presidente do Grupo Planeta, que faleceu aos 68 anos en Barcelona, vítima dunha grave enfermidade.
luns, 2 de febreiro de 2015
A BIBLIOTECA COLABORA NO DÍA DE SAN VALENTÍN
Ademais de participar conxuntamente co ENDLG na celebración do día do amor ou San Valentín, como se prefira chamar, para o 14 de febreiro, a biblioteca do centro pon a disposición do departamento de Lingua Castelá e Literatura obras clásicas de autores coa temática do amor. Están expostas na entrada do instituto para quen desexe ler algunha ou ben darlles unha ollada.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





.png)


