sábado, 21 de marzo de 2015

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

A poesía defínese como "Composición literaria que se concibe como expresión artística a través da palabra, en especial aquela que está suxeita á medida e á cadencia do verso".
Hoxe 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía... parabéns a tod@s os que cremos na palabra... longa vida @s poetas!!!


mércores, 18 de marzo de 2015

A POBOACIÓN MUNDIAL

Unha nova actividade para o Proxecto matemático que está a organizar a biblioteca cos departamentos didácticos é a que presenta o seminario de Ciencias Sociais e que leva por título A poboación mundial. Unha vez máis, o prazo que vos damos para preparala é de unha semana, ata a súa realización o 25 de marzo. Ata esa, entón, que nos veremos na biblioteca no tempo do recreo.

POBOACIÓN MUNDIAL

sábado, 14 de marzo de 2015

O MOMENTO PI


Este momento, o momento Pi, non se volve a celebrar até o século próximo. Hoxe os matemáticos celebran este evento. Se queredes saber algo máis deste enigmático número, vede a información que o diario El País nos trae hoxe nas súas páxinas.

O NÚMERO PI








mércores, 11 de marzo de 2015

ROBOT SEGUIDOR DE LIÑA

É a quenda do departamento de Tecnoloxía presentando a súa actividade para o Proxecto matemático. Como sempre se fai, estará no blog unha semana para que a vexades e así o mércores 18 no tempo do recreo, se poida resolver na biblioteca.
Para ver a actividade premer na ligazón seguinte:

ROBOT SEGUIDOR DE LIÑA

GAÑADORES DA ACTIVIDADE CIENCIAS NATURAIS DO PROXECTO MATEMÁTICO

Na actividade Ciencias da Natureza do departamento de Bioloxía, quedaron finalmente como gañadores os seguintes alumn@s:





                                               PARABÉNS   e.... a seguir participando!!!

domingo, 8 de marzo de 2015

8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O Equipo da biblioteca do noso IES tamén se quere sumar á celebración do Día Internacional da Muller Traballadora.
Aquí deixamos un vídeo sobre a orixe desta data e ao mesmo tempo un documento, o que sería o primeiro MANIFESTO FEMINISTA da man de Rosalía de Castro publicado e Galicia e probablemente en España.

VÍDEO

MANIFESTO

venres, 6 de marzo de 2015

DÍA DE ROSALÍA ENTRE O ALUMNADO

Ao igual que tamén fixemos no blog do EDL, hoxe subimos aquí os videos que prepararon as nenas e nenos de 1º e 2º de ESO para celebrar o Día de Rosalía. Baixo o lema EU SON ROSALÍA, recitaron uns versos do libro Cantares Gallegos e así conmemoraron o 178º aniversario da escritora galega.

VÍDEO 1º ESO

VÍDEO 2º ESO

CIENCIAS DA NATUREZA

O departamento de Bioloxía e Ciencias da Natureza e o seguinte en amosar a actividade que presenta para desenvolver o Proxecto matemático con carácter disciplinar . Tedes até o mércores día 11 para poder vela aquí e ir pensando na súa solución. Daquela, verémonos na biblioteca do centro para tentar resolvela e como cada mércores, quen dea a solución axeitada, ir sumando puntos no seu carnet de participante.

                                                         A POR ELAAAA!!!



AS CIENCIAS DA NATUREZA

GAÑADORES DO SUDOKU MUSICAL

Ofrecémosvos os nomes d@s gañador@s na  actividade SUDOKU MUSICAL plantexada polo departamento de Música e que podedes ver premendo no link seguinte

SUDOKU MUSICAL

     

                                                          NORABOA!

A solución musical definitiva  desta actividade que nos ofreceron Laura  e Jairo foi as seguinte:

LIGAZÓN A YOUTUBE












xoves, 5 de marzo de 2015

SOLUCIÓN AO SUDOKU MUSICAL

Podedes consultar xa a solución ao SUDOKU MUSICAL que se realizou entre o mércores e o xoves, no tempo do recreo como actividade que planteou o departamento de Música dentro  do Proxecto matemático.

SOLUCIÓN SUDOKU MUSICAL