venres, 28 de novembro de 2014

AS MATEMÁTICAS CON HUMOR

A piques de rematar o mes das Ciencias nas bibliotecas, aquí deixamos un video  co monólogo de Eduardo Saenz de Cabezón, matemático e profesor da Universidade de La Rioja para que vexades que as Matemáticas son para sempre...pero con humor, moito mellor!!


                      Ver aquí

mércores, 26 de novembro de 2014

AMORES QUE MATAN

NO IES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Onte 25 de novembro no centro foi un día de compromiso, especialmente: contra a violencia de xénero.

Colocamos a bufanda que se teceu con la de cores lila a modo de lazo sobre o libro expositor, que a biblioteca ten na entrada do centro.

Repartíronse as chapas a todos os membros do insti co primeiro lema gañador do Concurso de Lemas contra Violencia de Xénero. No tempo do recreo entregáronse os premios ás gañadoras, alumnas de 1º ESO, deste concurso:


             1º PREMIO para Celia Fiallega Gavín (Lema incrito na chapa)
             2º PREMIO para Sara Crecente Tojal 
             3º PREMIO para Sara Rodríguez Miranda 



No recreo, no andar da entrada, proxectouse a curta de Icíar Bollaín "Amores que matan".




Libro expositor curso 2014-2015

1º Premio de lemas (Celia Fiallega Gavín)

Sara Crecente, Celia e Sara Rodríguez

domingo, 23 de novembro de 2014

CALCETA PARA UNHA BOA CAUSA

A maioría das  actividades que se están a facer estas últimas semanas, a proposta do equipo de biblioteca, teñen unha mesma finalidade: concienciar e implicarse na loita contra a violencia de xénero. Outro labor que xa está en marcha e que parece que atrae a moita xente é o do” club da calceta”. Aquí tanto persoal docente, coma alumnado, exalumnado, mamás, persoal de cociña e calquera que queira poñerse mans á obra, pode tecer . A actividade consiste en facer unha macrobufanda, en cor lila, por suposto, que rematará sendo un gran lazo co que adornaremos  o andar da entrada ao edificio; será un labor que se comece este curso, pero que agardamos que teña continuidade nos vindeiros. Animádevos e seguide dándolle ás agullas!!






xoves, 20 de novembro de 2014

ALUMNADO DA ESO COA CIENCIA

Como xa sabedes, estamos no mes da Ciencia e o Departamento de Bioloxía e Ciencias Naturais levou a cabo unha sesión práctica cas nenas e nenos de 1º da ESO. Fixeron un concurso para resolver 2 sopas de letras onde se incluían termos científicos dos temas do Universo e a Xeosfera. A sesión que se celebrou na biblioteca estivo dirixida pola profesora Carmen Cabodevila.




OS GRUPOS GAÑADORES

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller. Un ano máis, o equipo de biblioteca do IES Enrique Muruais quere sumarse, nesta data especialmente,á contribución da erradicación desta lacra. Un día para a reflexión e para a educación, que ten como obxectivo lembrar a todas as mulleres e nenas que foron e son vítimas da violencia de xénero, e educar na implicación e denuncia a toda a sociedade para acadar eliminar os comportamentos violentos.
O equipo de biblioteca, xa levamos días preparando actividades para esta data e o primeiro que fixemos, foi convocar un curso de lemas coa finalidade de promover a loita contra a violencia de xénero. O concurso foi dirixido a todo o alumnado do centro, pero maioritariamente participaron os cursos da ESO. Xa temos o nome das gañadoras que foron alumnas de 1º ESO...O lema que quedou en 1º lugar, será o que se se inscriba nunha chapa e se reparta en todo o centro o día 25 de novembro. Ese día entregaranse uns diplomas moi chulos a estas alumnas durante o tempo do recreo.


DÍA DAS BIBLIOTECAS III

DÍA DAS BIBLIOTECAS II