Onte a biblioteca do centro recibiu a visita do escritor Alfredo Gómez Cerdá. Reuniuse co alumnado que estivo lendo as súas obras, alumn@s dos clubs de lectura e de 3º ESO así coma co profesorado que dirixiu estas lecturas. Moi interesante charla a deste escritor ao que dende a biblioteca do centro damos as grazas por facernos pasar unha parte da tarde moi agradable e intensa.
FOTOS
xoves, 26 de febreiro de 2015
mércores, 25 de febreiro de 2015
SUDOKU MUSICAL
Toca a quenda do departamento de Música que nos trae como a súa primeira actividade para o Proxecto matemático un SUDOKU MUSICAL. Sabemos que este tipo de xogos vos gustan, asi que xa volo presentamos no blog para que poidades ir facendo as vosas contas.
Vémonos o vindeiro mércores día 4 de marzo na biblioteca como é costume para que deades coa solución.
Vede aquí :
SUDOKU MUSICAL
Vémonos o vindeiro mércores día 4 de marzo na biblioteca como é costume para que deades coa solución.
Vede aquí :
SUDOKU MUSICAL
GAÑADORES DA ACTIVIDADE DE GALEGO DO PROXECTO MATEMÁTICO
A actividade que plantexou o departamento de Lingua Galega e Literatura, ROSALÍA DE CASTRO, resolveuse durante o recreo de onte e o alumnado deu coas solucións. Os nomes dos gañadores son os que ides ver deseguido.
Parabéns!!! seguimos contando convosco.... ÁNIMOOOO!!!!
Parabéns!!! seguimos contando convosco.... ÁNIMOOOO!!!!
SOLUCIÓN Á ACTIVIDADE DE GALEGO DO PROXECTO MATEMÁTICO
Onte, martes o alumnado, coma noutras ocasións, estivo na biblioteca no recreo para realizar unha das actividades propostas polo departamento de Galego e que levaba por título Rosalía de Castro, dentro da actividade do Proxecto matemático.
A solución deixámola aquí, onde a podedes ver premendo na seguinte ligazón:
ROSALÍA DE CASTRO
A solución deixámola aquí, onde a podedes ver premendo na seguinte ligazón:
ROSALÍA DE CASTRO
martes, 24 de febreiro de 2015
ALFREDO GÓMEZ CERDÁ VISITA MAÑÁ A NOSA BIBLIOTECA
Mañá
mércores 25 estará connosco na biblioteca do centro o autor Alfredo Gómez Cerdá
que virá compartir unha charla co alumnado que está a ler a súas obras. Prestade
moita atención a esta interesante visita porque vos vai gustar e ademais das
cousas que vos conte é máis que seguro que tedes inquedanzas que compartir con
el sobre as vosas lecturas. Os clubs de lectura xa están preparados para recibilo! Será en horario de 16 a 17 horas.
Deixamos aquí tamén unha ligazón á súa páxina web por se queredes información previa á súa visita.
SOLUCIÓNS Á ACTIVIDADE APOCALIPSE DE RELIXIÓN
A solución á actividade APOCALIPSE plantexada polo departamento de Relixión é a que podedes ver premendo na seguinte ligazón:
SOLUCIÓN APOCALIPSE
SOLUCIÓN APOCALIPSE
luns, 23 de febreiro de 2015
NEREA E LAURA HOMENAXEAN A ROSALÍA
Nerea e Laura, alumnas de 1º de Bacharelato, recitan o poema Las Campanas de Rosalía de Castro, que prepararon na materia de Música, facendo a súa homenaxe particular á poeta.
Podedes ver o vídeo premendo na seguinte ligazón:
LAS CAMPANAS
Podedes ver o vídeo premendo na seguinte ligazón:
LAS CAMPANAS
24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Dende a biblioteca do noso centro, tamén queremos sumarnos á celebración do Día de Rosalía. Deixámosvos aquí un poema que outro grande dos nosos, Curros Enríquez, lle adicou á escritora máis universal da literatura galega de todos os tempos.
Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan soia
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!
A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu…
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!
sábado, 21 de febreiro de 2015
ROSALÍA DE CASTRO
Debido á confluencia de datas do Día do amor, o Entroido e a que esta semana pasada só houbo dous días lectivos, xuntáronse un pouco as actividades do Proxecto matemático deseñadas polos departamentos, polo que nos atopamos hoxe con dúas delas xa subidas ao blog pero que están sen resolver: a do departamento de Relixión -APOCALIPSE- e a nova de hoxe do departamento de Lingua Galega e Literatura -ROSALÍA DE CASTRO.
Estas dúas imos resolvelas o vindeiro luns 23 (Apocalipse) e o martes 24 (Rosalía de Castro). Coma sempre, no tempo do recreo e na biblioteca do centro, onde teredes o material necesario para dar coas solucións.
O enlace que imos adxuntar corresponde á actividade ROSALÍA DE CASTRO do departamento de Galego, pois a actividade de Relixión xa a tedes nunha entrada anterior.
Coma sempre, animávosvos a participar e agardamos a vosa visita á biblioteca o LUNS e o MARTES
ROSALÍA DE CASTRO
Estas dúas imos resolvelas o vindeiro luns 23 (Apocalipse) e o martes 24 (Rosalía de Castro). Coma sempre, no tempo do recreo e na biblioteca do centro, onde teredes o material necesario para dar coas solucións.
O enlace que imos adxuntar corresponde á actividade ROSALÍA DE CASTRO do departamento de Galego, pois a actividade de Relixión xa a tedes nunha entrada anterior.
Coma sempre, animávosvos a participar e agardamos a vosa visita á biblioteca o LUNS e o MARTES
ROSALÍA DE CASTRO
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

