Na biblioteca do IES Enrique Muruais, festexamos o Día Internacional do libro cunha actividade que consistiu nun MERCADO DE LIBROS.
Todo o persoal do centro que quixera, podía traer aqueles libros que tivera na súa biblioteca persoal, desexase intercambialo con outras persoas e adquirir outros novos. A actividade cumpriu coas nosas expectativas e participou moita xente, sobre todo o alumnado. Realizouse durante o recreo do xoves e a cada persoa que pasou pola biblioteca facer o intercambio, agasallouselle cun caravel... houbo xente que marchou con 4 ou 5 libros, e non só para lelos persoalmente, senón tamén para agasallar ás súas amizades ou familias.
Ademais, tamén se expuxeron uns libros recompilatorios de poesías (da actividade realizada para o Día da Poesía) que elaborara o alumnado. Estes libros artesanais estaban feitos con follas de papel reciclado, feito polos alumnos/as nas clases de Ciencias Naturais que serviron para ir pegando as poesías que inventaran @ alumn@s . Finalmente, o grupo de biblioteca fixo o labor último de encadernalos... e a verdade é que quedaron fermosos.
Dende estas páxina, queremos darlle as grazas ao Departamento de Ciencias Naturais pola súa colaboración para a creación destes exemplares e en xeral a todo o alumnado e profesorado que se implicou nesta actividade do mercado.
Aquí tedes os resultados. DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
Ningún comentario:
Publicar un comentario