mércores, 28 de xaneiro de 2015

COMIDA RÁPIDA

Esta primeira actividade coa que comezamos o PROXECTO MATEMÁTICO e que leva por título COMIDA RÁPIDA deseñouna e preséntaa o departamento de Orientación (aula de PT). Podedes ir véndoa porque hai que realizala  o vindeiro 4 de febreiro na biblioteca durante o recreo. Alí dispoñeredes de todo o material que poidades necesitar para poder dar coa solución. Clicade sobre o enlace e xa podedes vela.


1ª ACTIVIDADE DPTO DE ORIENTACIÓN





                                                   ÁNIMO E SORTEEEEEE..........

martes, 27 de xaneiro de 2015

COMEZA O PROXECTO MATEMÁTICO

Ola a todo o alumnado!!! Hoxe día 28 comezamos a subir a este blog as actividades do PROXECTO MATEMÁTICO que a biblioteca do centro propón e dirixe en colaboración cos departamentos didácticos que voluntariamente quixeron participar.  Imos darvos unha serie de pautas para que quede ben clariño como se vai ir facendo isto e de que maneira bota a andar. Estas pautas son sempre iguais para TODAS as actividades que  se van propoñer.




REGRAS DE PARTICIPACIÓN

1. Cunha semana de antelación á data da realización da actividade, subirase aquí no blog para que poidades visualizala e mesmo preparala se o vedes conveniente.
2. As actividades vanse realizar na biblioteca, agás cando se necesiten ordenadores que entón sería necesario facelas na aula de informática.
3. Sempre que se suba ao blog a actividade, vaise informar da data para a súa realización e do departamento que a deseñou.
4. O tempo de realización de cada actividade será dun recreo.
5. Cada actividade poderá resolverse unicamente de xeito individual.
6. Cada un dos departamentos participantes presenta como máximo tres actividades.
7. Cada día (recreo), só se poderá resolver unha actividade.
8. O máximo de participantes para cada día será de 20 alumn@s.
9. Cada alumno/a participante recibirá un carné onde vai ir acumulando puntos sempre que resolva axeitadamente a actividade.
10. Ao remate de todas as actividades, o alumnado gañador recibirá un premio.
11. As actividades comezan o 4 de febreiro e rematan o 28 de maio.




        AGARDAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN E QUE O PASEDES MOI BEN!!!

venres, 23 de xaneiro de 2015

PROXECTO MATEMÁTICO

Baseándonos no proxecto da nosa biblioteca aprobado xa o curso pasado e que se presentou para participar no Plan de Mellora   Os libros, esas formas xeométricas cheas de sabedoría e aventura, querémosvos presentar unha actividade multidisciplinar, de xeito que a biblioteca traballe coordinadamente con todos os departamentos. Este ano o lema das bibliotecas escolares é Biblioteca escolar…matemático!!!  , polo que, cremos que este é un bo  xeito de relacionar o noso proxecto  do ano pasado co lema deste ano .
Desta maneira, a biblioteca pediu a colaboración dos departamentos para traballar conxuntamente  e tentar facer unhas actividades ao redor do número.

As actividades que se van propone van dirixidas a todo o alumnado da ESO e BACHARELATO e  terán unha temporalización que vai dende o  4 de febreiro até o 27 de maio, sendo  os mércores no tempo do recreo cando @s alumn@s poidan resolvelas. Por adiantado e cunha semana de antelación, a actividade que se vai propoñer, estará subida aquí no blog para que o alumnado interesado poida visualizala e, se o desexa, ir preparándoa.



mércores, 21 de xaneiro de 2015

LECTURAS DE ALFREDO GÓMEZ CERDÁ NA BIBLIOTECA

Neste trimestre, despois do descanso do Nadal, os clubs de lectura Piratitas e Piratas retomaron as sesións de lectura na biblioteca e nesta ocasión, os libros elixidos son os do autor ALFREDO GÓMEZ CERDÁ .

O alumnado pertencente ao club de lectura Piratitas vai ver o libro El tesoro más precioso del mundo, mentres que o club de lectura Piratas lerá Pasos de marioneta.  Tamén participa na lectura con outro libro do mesmo autor  El rostro de la sombra o alumnado de 3º ESO.

Como colofón a estas lecturas, anunciámosvos a visita de Alfredo Gómez Cerdá o día 25 de febreiro á nosa biblioteca.


Club de lectura Piratitas

Club de lectura Piratas

                                                      
3º ESO




domingo, 18 de xaneiro de 2015

UN ADIANTO PARA O DÍA DA PAZ

No noso libro-expositor temos xa un adianto para celebrar o Día da Paz o 30 de xaneiro. Aquí vos deixamos unhas fotografías.