luns, 27 de abril de 2015

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ AUTOR PREMIADO POLAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

As Bibliotecas Escolares de Galicia outorgaron o galardón a Agustín Fernández Paz como autor máis lido neste ano 2015 nos clubs de lectura nos centros de ensino secundario.
Queda así establecido o premio que cada ano se lle vai conceder ao autor ou autora da obra en galego que resultase elixido polo meirande número de clubs do curso precedente.
Será na VIII Xornada dos Clubs de Lectura o día 5 de xuño en Compostela, cando Fernández Paz recibirá a homenaxe por parte do profesorado asistente e que ao tempo representa aos lectores e lectoras de ditos clubs de lectura do ensino secundario de toda Galicia.
Dende a biblioteca do IES Enrique Muruais, moitos parabéns, mestre!!!

                         

Ningún comentario:

Publicar un comentario